xoves, 3 de novembro de 2022

Alimentación Saudable en menos de 20 minutos

O vindeiro mércores 9 de novembro terá lugar na Facultade de Fisioterapia un Obradoiro sobre "Alimentación Saudable en menos de 20 minutos: receitas rápidas", a cargo de profesionais graduados en Nutrición Humana e Dietética do equipo de NUTRICIONA, estando dirixido a todos aqueles membros da comunidade universitaria interesados en asistir.

Terá lugar de forma presencial na Facultade de Fisioterapia, aínda que tamén será posible a conexión telemática a través da plataforma institucional MS Teams.

Requirese de inscripción previa na seguinte ligazón.