mércores, 2 de novembro de 2022

Desinformación, redes sociales e saúde: ¿unha problemática sen solución?


Imaxes


O pasado mércores 26 de outubro, no marco do VIII Outrubo Saudable UDC, a Facultade de Fisioterapia acolleu a conferencia “Desinformación, redes sociales e saúde: ¿unha problemática sen solución?”, impartida por o profesor Daniel Catalán Matamoros, profesor do Departamento de Periodismo e Comunicación Audiovisual da Universidade Carlos III e fisioterapeuta e experto en comunicación no ámbito sanitario.

Contou con un total de 107 asistentes presenciais, na súa maioría profesorado e alumnado procedente das Facultades de Fisioterapia e Logopedia, ademais doutros tanto a través da modalidade online en streaming que contou, principalmente, co alumnado da Facultade de Enfermería e Podoloxía de Ferrol, baixo a coordinación dos profesores Carmen Coronado e Francisco Alonso.

Trala benvida da Decana da Facultade de Fisioterapia, Luz González Doniz e a presentación da Directora da Cátedra Vegalsa-Eroski, Carmen Costa Sánchez, o poñente iniciou a charla describindo os elementos que fan que as mensaxes sexan atendidas e interiorizadas, para pasar a explicar as características distintivas das “Fake News” e dar exemplos, como os ben coñecidos acerca do coronavirus e as vacinas durante a Pandemia. Tamén, aportou ferramentas para cotexar que unha noticia é verdadeira, desde a propia estructura da noticia (elementos como a ambigüedade na autoría, a inclusión de citas...) ata webs adicadas a desmentir as “Fake News” como Newtral ou a ferramenta “Google Fact Check Tools” ou ben facendo o proceso de forma autónoma, como por exemplo a través de da busca inversa por imaxes en Google. 

Finalmente, e completando coas respostas ás preguntas formuladas polo público asistente, trasladou a mensaxe de que a comunicación en saúde debe aproveitar os aspectos que fan que as “Fake news” sexan tan aceptadas e rápidamente aceitadas. Para iso, fundamentalmente, deberíanse buscar as seguintes características: en primeiro lugar simplificar a mensaxe adaptándose á poboación diana á que se dirixe e e segundo lugar pero moi importante, diversificar a ruta de procesamento, dirixíndose non só a nivel cognitivo e de procesamento racional da información, se non tamén procurando chegar ao nivel do procesamento emocional.

Dende a Facultade de Fisioterapia agradecemos a colaboración de todos os que posibilitaron a celebración deste evento de carácter transversal, comezando polo propio Dr. Catalán, e continuando pola Cátedra Vegalsa-Eroski de Compromiso social, Comunicación e Reputación corporativa, dende a cal se financiaciou e propuxo a actividade en colaboración coa UDC Saudable, así como a todo o profesorado e alumnado que facilitou e participou da mesma.