martes, 20 de outubro de 2026

VI Jornadas de Fisioterapia y Salud.

        


El próximo viernes 23 de octubre de 2026, la Facultad de Fisioterapia   de la Universidade da Coruña celebrará las VI Jornadas de Fisioterapia y Salud, que este año se desarrollan bajo el lema “Fisioterapia Oncológica: ejercicio terapéutico y abordaje clínico especializado”.

Estas jornadas, que forman parte del XII Programa Outubro Saudable de la UDC, constituyen un espacio de formación, reflexión e intercambio científico sobre uno de los grandes retos en salud: el cáncer y su abordaje desde la Fisioterapia.

📅 Fecha: 23 de octubre de 2026

📍 Lugar: Salón de Actos, Facultad de Fisioterapia (UDC)

🕘 Horario: 9:00 – 19:00 h

El programa contará con la participación de ponentes de reconocido prestigio que abordarán temas como:

·         Proceso asistencial en el paciente oncológico: desde el diagnóstico hasta el alta

·         Ejercicio terapéutico en el abordaje de las secuelas más frecuentes

·         Dosificación del ejercicio terapéutico en pacientes con cáncer

·         Fisioterapia en oncohematología: ejercicio terapéutico y abordaje clínico especializado      en Terapia Celular

·         Fisioterapia en tumores musculoesqueléticos

·         Fisioterapia en pacientes con metástasis: seguridad y efectividad clínica

·      Cáncer y comunidad. Una sesión de discusión de la mano de la Asociación Española Contra el Cáncer

La actividad está dirigida a estudiantes, profesionales de la salud y todas aquellas personas interesadas en conocer los avances más recientes en el tratamiento del cáncer desde la Fisioterapia.

📲 La inscripción es totalmente gratuita y ya está disponible a través del enlace habilitado: https://udcxest.udc.gal/xest/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=4054 y mediante el código QR incluido en el cartel del evento.

👉 Estas jornadas representan una excelente oportunidad para actualizar conocimientos, compartir experiencias y reafirmar el papel de la Fisioterapia en la mejora de la calidad de vida de las personas con cáncer.


Antía Carballo Humbón recibe o premio ao mellor traballo de fin de grao

Antía Carballo Humbón, recentemente egresada da Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña (UDC), foi galardoada co premio ao mellor traballo de fin de grao no Congreso da Sociedade Española de Fisioterapia en Pediatría, celebrado os días 15 e 16 de outubro en Alicante.

O traballo premiado, titulado «Funcionamiento de la intervención con WeFun-Apps con telerehabilitación en la mejora de la funcionalidad del miembro superior en niños con parálisis cerebral unilateral. Un estudio piloto de viabilidad», enmárcase no proxecto de investigación «Uso innovador de tecnoloxía portátil para mellorar a funcionalidade en nenos con hemiparesia», coas doutoras Irene González Eiroa e Verónica Robles García como investigadoras principales. 
O proxecto está financiado pola axuda PID2021-1267820A-100, subvencionada polo Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN/AEI/10.13039/501100011033), por «FEDER Unha maneira de facer Europa» e pola Unión Europea NextGeneration EU/PRTR.

Desde a Facultade de Fisioterapia da UDC felicitamos a Antía por este merecido recoñecemento.

 

venres, 16 de outubro de 2026

Visita do profesor D. Carlos Cagnone á Facultade

Entre o 14 e o 18 de setembro a Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña recibiu a D. Carlos Guillermo Cagnone, docente e director da Licenciatura en Kinesioloxía e Fisiatría da Universidade do Gran Rosario (Arxentina), institución coa que a Facultade mantén un convenio bilateral de colaboración.

Ao longo da súa estadía, D. Cagnone reuniuse co equipo decanal e co profesorado do departamento para compartir experiencias sobre os modelos docentes e a organización curricular, así como explorar posibles vías de cooperación.

D. Cagnone tamén mantivo un encontro co profesor José Francisco Senín, coordinador das estancias clínicas, para coñecer a estrutura dos itinerarios formativos e a coordinación cos centros sanitarios colaboradores. Ademais, visitou o Servizo de Rehabilitación do Hospital de Oza, acompañado pola profesora Beatriz Martínez Toledo, e a Unidade de Lesionados Medulares do Hospital Universitario da Coruña, xunto á profesora Montserrat Fernández, onde puido achegarse aos recursos asistenciais nos que se desenvolve a aprendizaxe práctica do estudantado.

A axenda incluíu unha ponencia aberta ao alumnado e ao profesorado sobre formación, investigación e prácticas clínicas en fisioterapia, na que D. Cagnone presentou o modelo da Universidade do Gran Rosario e propiciou o diálogo arredor de distintas experiencias académicas.

Pola súa banda, respecto á Área de Mobilidade, representada pola coordinadora Verónica Robles e a titora Margarita Barral, esta visita permitiu avanzar na análise das equivalencias entre os plans de estudo e na identificación de novas oportunidades para ampliar a colaboración existente e impulsar intercambios de estudantado e persoal docente.

A Facultade agradece ao profesor Cagnone a súa participación e contribución, que favorecen a proxección internacional do centro e o desenvolvemento de futuras iniciativas conxuntas.