martes, 1 de marzo de 2022

MARZO AMBIENTAL UDC 2022 - Programación xeral

Como cada ano a UDC celebra o mes do Marzo Ambiental baixo o lema Campus, casa, cidade - Laboratorios do cambio.

Pode consultar o programa completo na seguinte ligazón.

Entre a gran variedade de actividades programadas, cabe destacar as seguintes organizadas ou participadas dende a Facultade de Fisioterapia:

  • Venres 18 de marzo. 16:00-18:00h. Exercicio e natureza: Marcha nórdica. Ruta circular Sta. Cruz – Sta. Cristina – Sta. Cruz
  • Mércores 23 de marzo. 17:30-19:00h. Vía Teams. Vida saudábel na presenza de linfedema. Asoc. Galega de Linfedema.
  • Venres 25 de marzo. 15:30- 18:30h. Fac. Fisioterapia (presencial). Xornada sobre Saúde, Menstruación e Dor
En sucesivas publicacións achegarase información pormenorizada sobre os contidos e forma de inscripción para cada unha das actividades.