luns, 28 de febreiro de 2022

Curso Atención a Mulleres en Situación de Violencia de Xénero

 

Programa

O vindeiro mércores 9 de marzo do 2022, no  Salón de Grados da  Facultade de Fisioterapia (ou Aula 1, en función do aforo) terá lugar a  partir das 17.00 horas o curso Curso Atención a Mulleres en Situación  de Violencia de Xénero, impartido por Dna. Paz Ramil Maseda,  Traballadora social do SERGAS.

Esta actividade, organizada no marco do ACIS (SERGAS-Xunta de  Galicia) está orientada ao estudantado da Facultade de Fisioterapia e  require de inscripción previa na seguinte ligazón como data límite o mércores 2 de marzo.