domingo, 5 de abril de 2026

Xornada Divulgativa e Encontro de Investigadores

Imágenes

A Xornada Divulgativa e Encontro de Investigadores celebrada na Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña puxo especialmente en valor o papel activo da propia facultade como entidade colaboradora na organización do evento. 
A mesa de apertura contou coa participación institucional da Dra. Amalia Jácome, en representación do Vicerreitorado de Investigación, e da Dra. Sonia Souto, decana da Facultade de Fisioterapia, quenes destacaron a relevancia deste tipo de iniciativas para fortalecer a conexión entre investigación, docencia e práctica clínica.
O equipo organizador estivo integrado por membros do grupo de investigación NEUROcom, entre os que participaron Antía Carballo Humbon, estudante de Fisioterapia beneficiaria dunha bolsa de colaboración do Ministerio, e Rayane Monteiro Lobo, estudante predoutoral visitante procedente da Universidade de São Carlos (Brasil). Así mesmo, formaron parte do equipo Vanesa González, técnico superior contratada a cargo de proyecto de investigación y estudiante de doctorado y las Dras González-Eiroa y Robles-García , contribuíndo de maneira activa ao éxito da xornada.
O evento reuniu finalmente a 62 persoas inscritas, entre estudantado, profesionais e representantes de asociacións, consolidándose como un espazo de encontro multidisciplinar. A elevada participación e a boa interacción co público asistente favoreceron un diálogo fluído entre persoal investigador, profesionais clínicos e familias.
Ao longo da xornada, as persoas investigadoras convidadas presentaron avances relevantes no ámbito da neurorrehabilitación pediátrica.A profesora Riquelme da Universidade de Islas Baleares falou sobre os seus proxectos de percepción corporal e emoción en nenos con parálisis cerebral, as Profesoras Klingels e Jansen-Potten sobre a avaliacion e o manexo das alteracións da sensibilidade e o profesor Rameckers sobre a importancia do traballo de forza. Tamén o grupo NEUROcom difundiu resultados de proxectos innovadores centrados no uso de tecnoloxía portátil aplicada á rehabilitación do membro superior en idade pediátrica financiados polo Ministerio.