xoves, 16 de outubro de 2025

Outubro Saudable

"A Universidade da Coruña, a través do programa UDC Saudable e en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na Coruña, organiza o acto de presentación da iniciativa “Espazos sen Fume nos Campus periféricos da Coruña”, que terá lugar o luns, 20 de outubro de 2025, ás 13:30 h no Salón de Actos da Facultade de Fisioterapia.
O evento contará coa participación de:

-Ana Ares, vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da UDC.
-Sergio Santos, director de UDC Saudable.
-Manuel Aguilar, presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro na Coruña.
Esta iniciativa forma parte do programa Outubro Saudable, co obxectivo de promover contornas universitarias máis seguras e libres de fume, fomentando hábitos de vida saudables e sensibilizando á comunidade universitaria sobre os riscos asociados ao consumo de tabaco.
📍 Lugar: Salón de Actos da Facultade de Fisioterapia (Campus Oza, 15006 A Coruña)
📅 Data: Luns, 20 de outubro de 2025
🕐 Hora: 13:30 h"