martes, 14 de outubro de 2025

Mesas informativas de la Asociación Española contra el Cáncer

A Facultade de Fisioterapia da UDC acollerá dúas mesas informativas da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), dentro das actividades do programa “Outubro Saudable” promovido pola UDC Saudable.

📅 Datas e horario:

-  Mércores, 15 de outubro, de 10:30 a 13:30 h
-  Lunes, 20 de outubro, de 11:30 a 14:30 h

📍 Lugar: Hall da Facultade de Fisioterapia

Estas mesas estarán dinamizadas polo voluntariado da AECC, que ofrecerán material informativo sobre a prevención do cancro de pel e os riscos asociados ao consumo de tabaco.

A actividade ten como obxectivo concienciar á comunidade universitaria sobre hábitos de vida saudables, promover a prevención oncolóxica e fomentar a participación estudantil nas accións de saúde pública que se desenvolven no noso campus.

🧴💬 Non perdas a oportunidade de informarte e participar!