martes, 8 de marzo de 2022

Marzo Ambiental 2022 - Andaina de Marcha Nórdica FFIS


A Facultade de Fisioterapia organiza no marco do MARZO AMBIENTAL UDC 2022 unha Andaina de Marcha Nórdica que correrá seguindo unha ruta circular Santa Cruz - Santa Cristina - Santa Cruz (Oleiros), dirixida por María Vilanova, fisioterapeuta colexiada e especialista en marcha nórdica.

Terá lugar o vindeiro venres 18 de marzo de 16 a 18 horas, con saída e chegada na zona do Castelo de Santa Cruz, resultando de dificultade baixa. Resulta altamente recomentable asistir con roupa e calzado cómodos.

Dita actividade está aberta á participación de toda a comunidade universitaria, cun límite 20 prazas (facilitaranse bastóns), polo que se precisa de inscripción previa na seguinte ligazón.

¡Boa marcha!