martes, 19 de maio de 2026

Día das Letras Galegas

Imágenes

Con motivo do Día das Letras Galegas, o pasado venres 15 celebrouse unha xornada moi especial no colexio Colexio María Mariño, na que alumnado, familiares e traballadores do centro compartiron un encontro cheo de música, cultura e emoción.
Integrantes do grupo musical da Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña, acompañados da profesora Andrea Seijo, participaron nesta celebración interpretando diversas pezas da nosa música tradicional galega, achegando á comunidade educativa sons, cantigas e ritmos que forman parte da nosa identidade cultural.

A actividade permitiu gozar dunha mañá de convivio arredor da cultura galega, poñendo en valor a riqueza do noso patrimonio musical e a importancia de manter vivas as nosas tradicións. Dende a Facultade de Fisioterapia queremos agradecer ó centro a súa invitación e acollida.