luns, 9 de decembro de 2024

Premio profesor De Toro

A Facultade de Fisioterapia traslada os seus parabéns ao profesor Javier de Toro Santos, catedrático da área de Anatomía e Embrioloxía Humana da UDC e Xefe do Servizo de Reumatoloxía do CHUAC, quen, xunto con outros colegas da Universidade de Salamanca, foi galardoado co premio da IV edición do Ennova Health 2024 convocado por Diario Médico e Correo Farmacéutico, na categoría de IoT en E-Health, Wearables e Robótica.

O equipo de traballo, conformado por fisioterapeutas e enxeñeiros, presentou o desenvolvemento dun sistema de control da fatiga muscular en quirófano, cuxos detalles poden consultarse nesta ligazón.

Parabéns polo recoñecemento!