martes, 9 de abril de 2024

Fisioterapia UDC: Selo de Excelencia aos títulos de grao do sistema universitario galego



A Facultade de Fisioterapia celebra a concesión do recoñecemento de excelencia académica outorgado pola Xunta de Galicia, que avala os altos estándares de calidade do título en todos os criterios avaliados: currículo e proceso de ensino-aprendizaxe, profesorado, inserción laboral, internacionalización e resultados.

Esta distinción é froito da dedicación, esforzo e competencia dos membros da Facultade de Fisioterapia durante os máis de 30 anos de vida da facultade: un profesorado altamente cualificado en docencia e investigación, dedicado á súa profesión e dando o mellor de si en toda responsabilidade que asuma, sen condicións; un persoal de administración e servizo ben preparado, sempre disposto a dar resposta ás múltiples e diversas necesidades da vida académica; e estudantes con gran capacidade intelectual e persoal, que constitúen o centro da facultade, dado que todos os esforzos están dirixidos a dotarlles da cualificación profesional necesaria para afrontar futuros retos profesionais e persoais.

Moitas grazas á tódalas persoas que teñen formado e forman parte da comunidade universitaria da Fisioterapia UDC por facelo posible!