xoves, 5 de outubro de 2023

Etiquetaxe Nutricional

O vindeiro mércores 18 outubro no marco do IX Outubro Saudable UDC terá lugar na Facultade de Fisioterapia unha charla sobre "Cómo facer unha boa compra: etiquetaxe nutricional", a cargo de profesionais graduados en Nutrición Humana e Dietética do equipo de NUTRICIONA, estando dirixido a todos aqueles membros da comunidade universitaria interesados en asistir.

Terá lugar de forma presencial no Salón de Actos da Facultade de Fisioterapia a partir das 17:30 horas.

Certificarase asistencia a todos os interesados, requirindo de inscripción previa na seguinte ligazón.