domingo, 23 de outubro de 2022

DOA SANGUE #reto10000

A Facultade de Fisioterapia súmase ao #reto10000, organizado pola “Red Española de Universidades Promotoras de la Salud”, co obxectivo de acadar 10000 doazóns de sangue nas universidades españolas durante o mes de outubro.

Para contribuir ao mesmo, a unidade de doazón de sangue acudirá ao noso centro o martes, 25 de outubro, en horario de 9:30 a 14:30 e 15:30 a 21:00 horas e o e mércores, 26 de outubro, en horario de 15:30 a 21:00 horas, e atenderá ás persoas que desexen participar na unidade móbil que estacionará na entrada do Campus.

Prégase a participación na medida do posible de tódolos membros da comunidade univerisitaria.