mércores, 8 de xuño de 2022

Conferencia sobre o tratamento multicomponente da Dor

O vindeiro venres 17 de xuño UDC Saúdable organiza en colaboración con Affinor unha charla a cargo da Dra. Mayte Serrat, fisioterapeuta e psicóloga da Unidade de Sensibilización Central do Hospital Vall D´Ebron sobre o tratamento multicomponente da dor. 

Comezará a partir das 18:00 horas seguindo unha metodoloxía híbrida on line (Teams) e presencial no Centro Cívico de Canido (Ferrol).