A Facultade de Fisioterapia organiza o vindeiro mércores 23 de marzo no marco do MARZO AMBIENTAL UDC 2022 unha Xornada Virtual (a través da plataforma Microsoft Teams) titulada "Vida saudábel na presenza de linfedema", a cargo de membros da Asociación Galega de Linfedema.
A xornada, aberta a toda a comunidade universitaria, dará comezo as 17:30, para o cal se precisa de inscrición previa no seguinte formulario. Achegarase enlace de conexión e certificarase a asistencia.