venres, 24 de setembro de 2021

Outubro Saudable - Andaina de Marcha Nórdica FFIS

A Facultade de Fisioterapia organiza no marco do VII OUTUBRO SAUDABLE UDC 2021 unha Andaina de Marcha Nórdica que correrá seguindo unha ruta circular Santa Cruz - Santa Cristina - Santa Cruz (Oleiros), dirixida por María Vilanova, fisioterapeuta colexiada e especialista en marcha nórdica.

Terá lugar o vindeiro venres 8 de outubro de 16 a 18 horas, con saída e chegada na zona do Castelo de Santa Cruz. Resulta altamente recomentable asistir con roupa e calzado cómodos.

Dita actividade está aberta á participación de toda a comunidade universitaria, cun límite 20 prazas (facilitaranse bastóns), polo que se precisa de inscripción previa na seguinte ligazón.

¡Boa marcha!