Estimados/as membros da comunidade universitaria,
Ante as medidas anunciadas polas autoridades competentes en materia de saúde pública con motivo da pandemia do COVID-19 e o comunicado emitido polo reitor da UDC, informase que a partir de mañá venres, día 13 de marzo, procedese á suspensión de todas as actividades académicas programadas na Facultade de Fisioterapia durante o período establecido.
Ante a situación excepcional dada, estudiaranse as medidas necesarias para minimizar o impacto sobre a formación dos estudantes, así como sobre a actividade docente é investigadora do profesorado e a xestión administrativa, das que se informará puntualmente a todos/as.
Agradecendo a súa colaboración.
Un cordial saúdo.
Luz González Doniz
Decana da Facultade de Fisioterapia