luns, 15 de decembro de 2025

Reunion de ApS

O xoves 18 na aula 3 reunión informátiva do Aprendizaxe e servizo de Fisioterapia.pediátrica: participación no entorno.
 

martes, 9 de decembro de 2025

Virtual Exchange.


 

Visita dunha profesora investigadora da Escola Superior de Saúde do Instituto Politécnico de O Porto

Na primeira semana de decembro recibimos no noso centro a visita da profesora investigadora Paula Clara Santos que compartiu connosco o seu labor académico e o funcionamento da súa universidade e do grao e mestrado nos que imparte docencia. Durante o encontro con varias docentes da Facultade, a profesora presentou as liñas principais do seu traballo, explicando a estrutura formativa, os proxectos en marcha e as metodoloxías que empregan no seu ámbito.

A visita tivo como obxectivo principal o traballo de colaboración investigadora coas profesoras Sandra Martínez Bustelo e Zeltia Naia Entonado, co fin de explorar novas sinerxías e abrir futuras vías de cooperación. Ambas investigadoras mantiveron unha reunión de traballo coa docente convidada, na que se analizaron intereses comúns e posibilidades de desenvolvemento de proxectos conxuntos.
A primeira toma de contacto coa coordinadora de mobilidade da Facultade de Fisioterapia, la profesora Verónica Robles García, resultou moi enriquecedora e senta as bases para futuras accións colaborativas que permitirán fortalecer a investigación e o intercambio académico.