luns, 9 de marzo de 2020

Alimentación Saudábel: Qué esconden as etiquetas nutricionais?

Imágenes
O pasado mércores día 4, con motivo do marzo ambiental, a Facultade de Fisioterapia acolleu o obradoiro titulado: Alimentación Saudábel: Qué esconden as etiquetas nutricionais?, a cargo de Dna. Cristina Quintela, nutricionista da Asociación de Anorexia e Bulimia de A Coruña- ABAC. 

A actividade buscou destacar cal é a finalidade das etiquetas nutricionais, qué información debe aparecer nas mesmas e cales son as estratexias que emprega a industria alimentaria para tentar que os seus productos semellen máis saudábeis. De forma paralela, tamén se incidiu sobre qué grupo de alimentos deben representar a base da alimentación e cales sería recomendable reducir a súa inxesta ou tomar con menor frecuencia. 

Ao remate do obradoiro, durante un ampla e numerosa quenda de intervencións, os asistentes tiveron oportunidade de plantexar tódalas súas dúbidas e preguntas no ámbito da nutrición saudable.

#GreenCampusFisioterapia