xoves, 7 de setembro de 2017

Oferta de bolsas do Ministerio para a colaboración de estudantes nos departamentos

Onte recibiuse da Vicerreitoría de estudantes, información sobre as bolsas do Ministerio para a colaboración de estudantes nos departamentos.

Entre os requisitos destas bolsas está o atoparse matriculado neste presente curso académico na totalidade das materias ou créditos que resten para finalizar os estudos de Grado ou na totalidade de créditos de primeiro curso de mestrado. Tamén haberá que ter como nota media 7,8 puntos para a rama de Ciencias da Saúde.

Podedes consultar a información completa sobre estas bolsas no seguinte enlace.

O prazo de solicitude foi ampliado ata o 18 de setembro (https://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/998142/ficha.html), e antes desa data os/as solicitantes deben ter valorado o proxecto polo departamento, instituto ou centro de investigación. O Departamento de Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia establece como data límite o día 12 de setembro para que os estudantes acheguen o proxecto no departamento de cara a que éste sexa valorado.