domingo, 16 de abril de 2017

OMA - V Encontro Solar

A Oficina de Medio Ambiente da UDC, quere convidalo a participar no V Encontro Solar que se vai celebrar o próximo 27 de abril, no aparcamento do Edificio Xoana Capdevielle.

Neste encontro, cociñarase con fornos solares. O ano pasado elaboráronse máis de 50 receitas diferentes e tivemos máis de 70 fornos solares, e ata música en directo con enerxía solar. Axúdasnos a aumentar esta cifra? Tí tamén podes construír o teu forno solar e participar.

Durante toda a mañá realizaranse distintas actividades relacionadas coa enerxía solar.

Inscríbete na xornada no seguinte formulario https://goo.gl/forms/U2FGjLNCsJwGBVvT2 e se queres máis información entra nesta ligazón http://medioambienteudc.blogspot.com.es/2017/04/v-encontro-solar-na-udc.html Aquí tes acceso a reportaxes de TV doutros anos, así como fotos e vídeos da xornada en edicións pasadas.

SUBSCRÍBETE e recibe toda a actualidade no teu correo electrónico