domingo, 16 de abril de 2017

OMA - Proxecto Ríos

A Oficina de Medio Ambiente, convídaos a participar na actividade que organizará o vindeiro mércores 19 de abril, no río Lagar (Campus de Elviña). Será ás 15:30, e quedaremos na porta da Facultade de Económicas.

Nesta inspección de primavera, dentro do Proxecto Ríos (http://www.proxectorios.org/), tomaranse datos da calidade da auga do río, de macroinvertebrados e flora que habitan nel, e farase un estudo de indicadores como o pH, O2 disolto... para aprender a medir a calidade biolóxica e fisico-química dos ríos.

Para unha boa organización, anótate no formulario https://goo.gl/forms/KVRG9PpsZyNLFhLl1 ou enviando un correo a oma3@udc.es indicando os teus datos e o nome da actividade á que te queres inscribir.

Toda a información nesta ligazón http://medioambienteudc.blogspot.com.es/2017/04/proxecto-rios-primavera.html

Leva botas e roupa axeitadas.

SUBSCRÍBETE e recibe toda a actualidade no teu correo electrónico