luns, 27 de marzo de 2017

XORNADA BIOCONSTRUCION

Un ano máis, a Oficina de Medio Ambiente organiza unha xornada sobre bioconstrución. Será o martes 28 de marzo. Visitaremos un banco construído con técnicas de bioconstrución no Campus de Elviña e despois visitaremos o módulo construído en SOMESO que emprega técnicas similares.

Tes toda a información na seguinte ligazón

Para anotarte, podes facelo na seguinte ligazón https://goo.gl/forms/soMfOMEcGJvKyaRD2 ou enviando un correo a oma3@udc.es

Actividade gratuita con prazas limitadas.