![]() |
| Infografías |
Ata o 16 de febreiro, estará aberto o período para que o alumnado e o profesorado cubran as enquisas de avaliación da actividade docente (AVALIEMOS) correspondentes ao primeiro cuadrimestre do curso 2025/26.
Ademais dunha nova plataforma, nesta campaña introdúcense novas medidas para incentivar a participación do estudantado, entre as que se inclúen:
- Incorporación dunha pregunta aberta, que permite ao alumnado achegar comentarios e suxestións sobre a docencia recibida
- Introdución de incentivos á participación do estudantado, mediante sorteos de cursos, bonos deportivos e preferencias de acceso a actividades
Na seguinte ligazón facilitase un breve manual sobre a nova interface.
